Subas na recría Frisoa no Mercado de Amio

Subas na recría Frisoa no Mercado de Amio

Nave de recría do Mercado de Amio, en Santiago.

O Mercado de Amio, en Santiago, rexistrou este mércores subas de 10 euros nos animais das calidades extra e boa no vacún para recría de raza Frisoa, segundo se extrae da enquisa realizada entre os usuarios da feira de gando. Mentres, no resto de categorías de recría mantéñense os prezos da semana pasada. Tampouco hai cambios no vacún de abasto para sacrificar e o vacún maior.

Esta semana a mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Galega tamén acordou manter os prezos para tódalas calidades e as categorías desta carne.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.768 reses, o que supón 175 animais menos que a semana pasada. Houbo 1.422 cabezas de vacún menor (82 menos que na sesión anterior), 151 de vacún mediano (64 menos) e 190 exemplares de vacún grande (25 reses menos).

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (24-XI-2021).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información