O Mercado de Amio rexistrou esta mañá unha suba dos prezos da recría frisoa. Os becerros desta raza subiron 10 euros con respecto da semana anterior. Tamén se aprecia unha tendencia á baixa nos animais medianos de matadoiro, segundo se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á feira.
As mesas de prezos de Ternera Gallega acordaron manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades de gando.
En canto á asistencia houbo 1.609 reses, o que supón 52 máis que a sesión pasada. En concreto contabilizáronse 1.343 cabezas de vacún menor, 40 máis que na sesión anterior. Houbo 99 de vacún mediano (7 menos) e 167 de vacún grande (19 reses máis).
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (22-II- 2023).