O Mercado de gando de Amio rexistrou este mércores unha suba de 5 euros na recría de raza frisoa, tal e como se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á feira pola organización do mercado.
Pola súa parte, a mesa de prezos de Ternera Gallega acordou manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades de gando.
En canto á asistencia houbo 1.622 reses, o que supón 90 menos que a sesión pasada. En concreto contabilizáronse 1.362 cabezas de vacún menor, 55 menos que na sesión anterior. Houbo 100 de vacún mediano (9 máis) e 160 de vacún grande (44 reses menos).
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (8-II-2023).