Subas na recría frisoa en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra subas nos becerros frisóns para criar. Baixada no vacún maior e en boa parte dos tenreiros carniceiros. Nova xornada de prezos de récord no valor medio dos animais de cebo. Sen cambios no porcino e no mercado do ovo

Subas na recría frisoa en Silleda

Recría nas instalacións do recinto feiral. // Imaxe de arquivo.

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistra este martes subas nos prezos medios da recría frisoa, mentres que nos animais de cruces houbo baixadas en boa parte das categorías. Tamén se produciron baixadas no vacún maior e nalgunhas seccións dos tenreiros de cebo. Con todo, nesta xornada volveu acadarse o maior prezo medio para os becerros carniceiros, ao situarse nos 1.106,84 euros. Ata o momento , o máximo estaba nos 1.073,25 euros da semana pasada, que á súa vez superara os 1.072,60 euros rexistrados o 3 de xaneiro. O incremento continuado débese á gran demanda deste tipo de animais ante a súa escaseza, tal e como sinalan dende a Central.

Nas mesas de cotizacións do porcino mantéñense estables os prezos tanto no porco cebado coma nos leitóns. Tampouco o mercado do ovo rexistrou variacións.

Prezos do vacún

Facemos un repaso detallado polas cotizacións medias das diferentes seccións e categorías do vacún para coñecer a evolución do mercado con respecto da semana pasada. Cómpre ter presente que existen factores condicionantes dos mesmos, como a calidade dos exemplares, que determina o prezo de cada animal.

Os becerros de recría frisóns cotizaron á alza. Os machos máis novos, os de menos de 20 días, tiveron un valor de 148 euros (20 euros máis). Nos animais de entre 20 e 50 días houbo unha suba de 8 euros, ata situarse nos 177 euros. Nos becerros de máis de 50 días, o prezo medio estivo nos 216 euros, o que amosa un incremento de 37 euros.

Na recría de cruces industriais houbo baixadas en boa parte das seccións. Os becerros máis novos descontaron 8 euros e quedan en 348 euros. As femias desta idade tiveron unha suba de 10 euros e chegan ós 285 euros. Os tenreiros de entre 20 e 50 días foron das excepcións e produciuse unha suba de 34 euros con respecto da semana pasada e acadan os 428 euros. Nas femias houbo unha baixada de 16 euros e teñen un valor de referencia de 306 euros. Nos animais de máis de 50 días, os machos cotízanse a 584 euros, logo dunha baixada de 47 euros. As femias descontaron 57 euros ata os 390 euros.

Nos animais de cebo, os becerros frisón tiveron un valor medio de 968 euros, o que supón unha suba de 147 euros con respecto da semana pasada. Nos becerros de cruces industriais, o prezo medio de cotización acadou os 1.106 euros, é dicir 32 menos que na sesión anterior. As femias desta categoría lograron un incremento de 50 euros e están a 1.036 euros. Nos exemplares de Rubia Galega, os machos tiveron un prezo medio de 1.173 euros (91 euros menos) e as femias incrementaron o seu valor en 56 euros, ata quedar nos 1.073 euros. Nos animais comercializados baixo o selo Ternera Gallega Suprema, o valor de referencia foi de 1.142 euros, o que supón un incremento de 89 euros con respecto da semana pasada.

Tamén no vacún maior houbo baixadas en boa parte das categorías. Os animais da categoría extra teñen un valor medio de 2.341 euros, o que amosa unha baixada de 6 euros. As vacas de primeira sitúanse nos 1.144 euros, logo dunha baixada de 21 euros. Nos exemplares de segunda, o prezo medio reduciuse en 35 euros e acada os 751 euros. Os animais de desfeito teñen un valor de referencia de 382 euros, o que amosa unha suba de 26 euros. Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia, esta semana o valor medio de referencia foi de 4.330 euros.

Central vacun 25_04_2023

Sen cambios no porcino

As mesas de cotizacións do porcino mantivéronse esta semana sen cambios tanto no porco cebado coma nos leitóns. O porco selecto e o normal teñen un valor de 2,055 e 2,03 euros o quilo. Os porcos de Canal II están a 2,636 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 1,37 e 1,43 euros o quilo.

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 107 euros (cun prezo de 5,35 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 102 euros e cun prezo por quilo de 5,1 euros.

O mercado do ovo continúa esta semana sen cambios. Deste xeito, os ovos da XL están a 2,98 euros a ducia, os da L a 2,77 euros, os ovos da M a 2,41 euros e os da S páganse a 2,16 euros a ducia. As galiñas de descarte semipesadas tamén se manteñen sen variacións e cotízanse entre os 0,33 e os 0,41 euros o quilo.

O prezo do coello está nos 2,4 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Central porcino 25_04_2023

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información