Subas na recría frisoa e no vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra subas en tódalas categorías do gando maior e nos tenreiros de recría de raza frisoa. Increméntase o prezo medio en boa parte dos becerros carniceiros. As mesas do porcino seguen á alza

Subas na recría frisoa e no vacún maior en Silleda

Vacún maior na Central Agropecuaria de Galicia. // Foto de arquivo.

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes subas nos prezos medios dos becerros de recría de raza frisoa, mentres que nos tenreiros de cruzamentos houbo unha redución en case tódalas categorías. Tamén cotizou á alza o vacún maior. Nos animais carniceiros houbo subas en boa parte das seccións.

As mesas de cotización do porcino continúan esta semana con subas tanto no porco cebado coma nos leitóns. O mercado do ovo mantense estable.

Facemos un repaso detallado polas cotizacións medias das diferentes seccións e categorías do vacún para coñecer a evolución do mercado con respecto da semana pasada. Cómpre ter presente que existen factores condicionantes dos mesmos, como a calidade dos exemplares, que determina o prezo de cada animal.

Na recría frisoa houbo unha suba xeral dos prezos medios en tódalas seccións. O prezo de referencia dos animais máis novos, os de menos de 20 días, foi de 113 euros, o que supuxo un incremento de 17 euros. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o prezo medio situouse nos 141 euros, logo dunha suba tamén de 17 euros. Os becerros de máis de 50 días rexistraron un aumento de 22 euros con respecto da semana pasada e o prezo medio acada os 189 euros.

Nos becerros de recría de cruzamentos industriais a tendencia foi á baixa, con reducións dos prezos medios en boa parte das seccións. Os tenreiros de 20 días tiveron un prezo medio de 215 euros, o que amosa un baixada de 26 euros con respecto do valor medio da semana pasada. As femias desta sección mantivéronse estables, cun prezo medio de 203 euros. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o prezo medio foi de 307 euros nos machos e de 232 euros para as femias, logo dunha baixada de 23 e 7 euros respectivamente. Nos animais de máis de 50, os machos descontaron 21 euros e sitúanse nos 412 euros. O valor medio das femias incrementouse en 14 euros e acadan os 351 euros, sendo a única suba entre os animais de cruce.

A tendencia foi á alza, con algunhas excepcións, nos tenreiros carniceiros. Nos becerros frisóns o valor medio foi de 637 euros, o que supón 15 euros máis que o prezo manexado a semana pasada. Os becerros de cruces industriais tiveron un prezo medio de 1.039 euros, cunha redución de 12 euros. As femias desta sección sumaron 1 euro con respecto da semana anterior e están nos 884 euros. En canto ós becerros de Rubia Galega, o prezo medio situouse 69 euros por debaixo do rexistrado na última feira. Así, estes animais están en 1.036 euros. As femias tiveron un incremento do valor medio de 25 euros, de xeito que se cotizan a 1.038 euros. Nos animais comercializados baixo o selo Ternera Gallega Suprema, o valor medio foi de 1.015 euros, o que os sitúa en 25 euros menos que a semana pasada.

No vacún maior houbo subas xerais. Os animais da categoría extra cotizaron a un prezo medio de 2.181 euros, o que supón 91 euros máis que a semana anterior. As vacas de primeira sumaron 47 euros e o valor de referencia foi de 1.178 euros. Nos exemplares de segunda, o prezo medio foi de 794 euros, é dicir 31 euros máis. Os animais de desfeito tiveron unha suba de 55 euros e pasan a situarse nos 496 euros. Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 2.303 euros, o que supón 369 euros máis que a semana pasada.

24_01_2023

Continúan as subas no porcino

Nas mesas de cotizacións do porcino houbo subas tanto no porco cebado coma nos leitóns. O porco selecto e o normal teñen un valor de 1,715 e 1,69 euros o quilo, respectivamente logo dunha suba de 0,025 euros. Os porcos de Canal II tiveron un incremento de 0,032 euros e están a 2,195 euros. Os animais de descarte foron os únicos que se mantiveron sen cambios e cotízanse entre os 0,8 e os 0,86 euros o quilo.

Nos leitóns houbo de novo unha suba de 2 euros. Os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 84 euros (cun prezo de 4,2 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 79 euros e cun prezo por quilo de 3,95 euros.

O mercado do ovo continúa estable esta semana. Os ovos da XL están a 2,8 euros a ducia, os da L a 2,59 euros, os ovos da M a 2,23 euros e os da S a 1,98 euros a ducia. As galiñas de descarte semipesadas tiveron unha baixada de 0,01 euros e agora o prezo por quilo atópase entre os 0,31 e os 0,38 euros.

O prezo do coello está nos 2,4 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Central_ porcino 24_01_2023

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información