Subas na recría e nos becerros carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra subas nos prezos da recría e nos becerros carniceiros. No vacún maior a tendencia foi á baixa. As mesas de porcino acordan subas no porco cebado e nos leitóns

Subas na recría e nos becerros carniceiros en Silleda

Animais no recinto feiral de Silleda (Pontevedra). // Foto de arquivo.

A Central Agropecuaria de Galicia – Abanca rexistrou este martes subas nos prezos dos becerros de recría e nos carniceiros, mentres o vacún maior experimentou unha baixada xeral dos prezos, que afectou a boa parte das seccións. As mesas de cotización do porcino acordaron esta semana novas subas nos prezos do porco cebado e do leitón.

En canto ós prezos dos becerros de recría de raza Frisoa, os animais de menos de 20 días mantivéronse sen cambios, cun prezo medio 61 euros. Nos exemplares de entre 20 e 50 días houbo unha suba de 8 euros, polo que se cotizan a 85 euros. Os animais de máis de 50 experimentaron un incremento de 14 euros e acadan un valor medio de 105 euros.

Na recría de cruces industriais, os becerros de menos de 20 días incrementaron o seu valor en 44 euros e sitúanse nun prezo medio de 242 euros. Porén, tanto as femias desta sección coma do resto de categorías, experimentaron nesta xornada unha redución dos prezos, a diferenza do que aconteceu con boa parte dos machos. Nos animais máis novos a baixada foi de 19 euros, polo que quedan en 139 euros. Os becerros de entre 20 e 50 días tamén acusaron unha redución de 30 euros e pasan a cotizarse a 253 euros. As femias descontaron 27 euros, ata situarse en 171 euros. Os tenreiros de máis de 50 días tiveron unha suba de 17 euros e acadan os 341 euros de media. As becerras desta sección acusaron a baixada máis destacada, 57 euros, polo que pasan a cotizarse a 228 euros.

Nos becerros carniceiros a tendencia foi á alza, con algunha excepción. Os becerros de cruces industriais cotizáronse a 843 euros, logo dunha suba de 90 euros. Pola contra, as femias acusaron unha redución de 43 euros, e quedaron nun valor medio de 717 euros. Os tenreiros de Rubia Galega están a 914 euros, logo dunha suba de 112 euros. Nas femias, o prezo é de 902 euros, tras un incremento de 143 euros. O gando co selo Ternera Gallega Suprema cotizouse a 861 euros, o que supón unha suba de 52 euros con respecto da feira da semana pasada.

No vacún maior houbo baixadas en boa parte das seccións. As vacas da categoría extra pasaron a cotizarse a 1.604 euros, logo dunha baixada de 383 euros. Os animais de primeira foron a excepción, cunha suba de 21 euros, de modo que acadan os 1.127 euros. Mentres, as vacas de segunda descontaron 19 euros, polo que quedan en 692 euros. Os exemplares de desfeito tamén reduciron o seu valor, ata os 462 euros, logo dunha rebaixa de 7 euros. Nesta xornada os animais co selo Vaca e Boi de Galicia, de Ternera Gallega, cotizáronse a 748 euros de media.

Central-agropecuaria-Vacuno-26-01-2021-

Subas no porcino

Logo de varias semanas cos mesmos prezos para o porco cebado, este martes a mesa de negociacións acordou incrementos en boa parte das categorías. Ademais, o leitón encadea unha nova semana á alza.

En concreto, o porco selecto e o normal incrementou o seu valor en 0,01 euros, polo que pasan a cotizarse a 1,135 e 1,110 euros o quilo, respectivamente. Nos exemplares de Canal II a suba foi de 0,013 euros, e acadan así un valor medio de 1,442 euros. A única excepción produciuse nos porcos de desfeito, que se mantiveron sen cambios e cotízanse entre os 0,45 e os 0,51 euros o quilo.

Nos leitóns, a mesa de prezos acordou unha suba de 1 euro, de modo que os animais procedentes dunha única gandería acadan os 56 euros, cun prezo de 2,8 euros por quilo. Os bacoriños chegados de distintas granxas sitúanse nun prezo de 2,55 euros o quilo e o animal de 20 quilos ten un valor de 51 euros.

O mercado do ovo experimentou esta semana una baixada dos prezos que afectou a tódalas categorías. Nos exemplares da clase XL a redución foi de 0,01 euros, polo que agora se cotizan a 1,49 euros a ducia. Os ovos da clase L baixaron 0,03 euros, de modo que se sitúan en 1,07 euros a ducia. Nas categorías M e S a baixada foi de 0,02 euros, polo que a ducia se cotiza agora a 0,94 e 0,76 euros respectivamente. As galiñas de desvelle semipesadas, de entre os 2,1 e 2,2 quilos, mantivéronse sen cambios e atópanse entre os 0,08 e os 0,15 euros por quilo.

O prezo do coello continúa esta semana a 1,80 euros o quilo na Lonxa de Madrid.

Central-Agropecuaria-Porcino-26_01_2021-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información