Os prezos do gando que concorreu este mércores ao recinto feiral de Amio mantéñense como na sesión anterior, aínda que se aprecia unha tendencia á alza nos do vacún para recría da raza cruce industrial cor e unha tendencia á baixa nos do vacún maior das clasificacións O e P.
En relación á asistencia do gando, na xornada de hoxe rexistráronse 1.778 reses, 176 máis que na do 11 de setembro. En detalle, houbo 1.511 cabezas de vacún menor (144 máis que na sesión anterior); 75 de vacún mediano (+21) e 192 de vacún grande (+11).
Finalmente, na xornada de hoxe os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron manter os prezos de todas as categorías e as calidades desta carne.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (18-IX-2024)