Subas na recría de cruce no Mercado de Amio

Subas na recría de cruce no Mercado de Amio

Becerros no Mercado de Gando de Amio. // Foto de arquivo.

O Mercado de gando de Amio (Santiago) experimentou esta mañá subas na recría de cruces industriais de cor. En concreto, apreciouse un incremento de 5 euros para este tipo de gando, segundo apuntaron as persoas asistentes á feira. Ademais, actualizáronse os prezos da recría de Rubia Galega, por un axuste técnico.

Pola súa banda, a Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega acordou manter sen cambios con respecto da semana pasada as cotizacións para tódalas categorías e calidades deste selo.

Nesta sesión contabilizáronse 1.699 reses, o que supón 2 animais menos que a semana pasada. Houbo 1.425 cabezas de vacún menor (20 menos que na sesión anterior), 127 de vacún mediano (23 máis) e 147 exemplares de vacún grande (5 reses menos).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (06-VII-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información