Subas en vacún maior e altibaixos no gando de recría en Silleda

A poxa celebrada hoxe na Lonxa de Silleda presentou hoxe tendencias diversas en tódolos tipos de gando. En vacún maior, destaca a suba das vacas de categoría extra (E-U), que se pagaron a unha media de 1.900 euros (+ 208 euros en relación á anterior sesión). Sen embargo, as vacas de primeira e de segunda (R e O) tiveron prezos practicamente idénticos ós da pasada semana.

En becerros de recría, os machos frisóns de máis de 50 días subiron lixeiramente (+6 euros), para cotizar a 112 euros de media; pero en animais de entre 20 e 50 días, houbo unha baixada de 7 euros, para quedar en 88 euros de media.

Na recría de cruce, houbo lixeiros aumentos nos animais de entre 20 e 50 días, con subas de 13 euros de media nas femias e de 1 euros nos machos; pero nos animais de máis de 50 días rexistráronse baixadas (-12 euros en machos e -34 euros en femias).

Nos becerros carniceiros, en animais de cruce, a categoría máis numerosa, rexistrouse unha baixada de 35 euros, para quedar nunha media de 850 euros; en tanto en rubia galega, houbo un aumento de 119 euros, para quedar en 985 cada animal de media.

becerros 1-9

Nas mesas de prezos avícolas e de porcino, non houbo cambios esta semana.

Máis información
Táboa completa das cotizacións da Lonxa de Silleda (1-IX-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información