Os prezos do gando que concorreu hoxe ao Mercado de Amio presentan unha lixeira suba de 0,05 euros nas canles do vacún mediano de matadoiro.
Na mesma liña, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría subir 0,05 euros os prezos das canles da categoría Suprema e 0,06 euros os de categoría Ternera.
Finalmente, a asistencia de animais foi de 2.037, 539 máis que á do 11 de decembro, debido á suspensión das dúas próximas sesións dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro de 2025, segundo resaltan dende a organización. Cabe lembrar que a seguinte sesión celebrarase o 8 de xaneiro.
En detalle, na xornada de hoxe concorreron 1.790 cabezas de vacún menor (512 máis que na sesión anterior); 97 de vacún mediano (+12) e 150 de vacún grande (+15).
Máis información