Subas en Ternera Gallega e tendencia á alza tamén en vacún maior

Na última xornada do Mercado Nacional de Gando de Amio, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría subir 0,04 euros os prezos de todas as canais de ambas as categorías, Suprema e Tenreira.

En canto aos prezos do gando que concorreu ao recinto, tamén subiron 0,05 euros os das canais do vacún mediano de matadoiro, á vez que tenden á alza os do vacún maior.

A asistencia de gando nesta sesión foi de 1.673 reses, é dicir, 473 máis que na do pasado 10 de decembro. Por categorías, houbo 1.496 cabezas de vacún menor (458 máis que na sesión anterior); 62 de vacún mediano (+24 animais) e 115 de vacún grande (-9 cabezas).

Consulta os prezos do 17-XII-2025

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información