O mercado de Amio celebrou hoxe unha nova sesión e presenta unha suba de 10 euros nos prezos da recría da raza Rubia Galega e de 10 céntimos / Kg todas as canles do vacún mediano de matadoiro de peso inferior a 180 quilos.
En relación á asistencia do gando, na xornada de hoxe rexistráronse 1.611 reses, 102 máis que á do 16 de outubro. En detalle, houbo 1.404 cabezas de vacún menor (112 máis que na sesión anterior); 36 de vacún mediano (-16) e 170 de vacún grande (+5).
Finalmente, na xornada de hoxe os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron, por maioría, subir 6 céntimos os prezos das canles de ambas as categorías: Suprema e Ternera.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (23-X-2024)