Subas en Ternera Gallega e no gando de abasto no Mercado de Amio

Subas en Ternera Gallega e no gando de abasto no Mercado de Amio

Vacún maior esta mañá no recinto feiral de Amio. // Foto. Mercado Nacional de Gando de Santiago.

Na sesión deste mércores no Mercado de gando de Amio (Santiago), a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega acordou unha suba tanto para Suprema como para a categoría Ternera Gallega. En concreto, a suba é de 0,05 euros nas canais de machos cun peso de ata 250 quilos e na femias de ata 225 quilos. Ademais, recomendan unha suba de 0,03 euros nas canais de ambos sexos de pesos superiores.

No vacún de abasto que acudiu esta mañá ó recinto feiral, apreciouse unha suba de 0,10 euros nos prezos das canais de vacún maior das clasificacións O e P, segundo se coñeceu a través da sondaxe realizada entre os usuarios.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.791 reses, o que supón 42 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.452 cabezas de vacún menor (46 menos que na sesión anterior), 131 de vacún mediano (3 máis) e 208 exemplares de vacún grande (85 reses máis).

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (20-IV-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información