Subas en Ternera Gallega e na recría frisoa

Subas en Ternera Gallega e na recría frisoa

Animais no recinto feiral de Amio. // Foto de arquivo.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou esta semana subir 4 céntimos os prezos de tódalas canais das categorías de suprema e tenreira.

En canto ó gando de abasto, no Mercado de Amio (Santiago) a sondaxe realizada entre as persoas usuarias amosou unha suba de 10 euros nos prezos da recría frisoa.

Nesta feira contabilizáronse 1.610 reses, o que supón 122 animais menos que a semana pasada. Houbo 1.254 cabezas de vacún menor (111 menos que na sesión anterior), 136 de vacún mediano (2 menos) e 220 exemplares de vacún grande (9 reses menos).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (8-VI-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información