Subas en Ternera Gallega e na recría en Amio

amio recria estandar

Na xornada deste 24 de setembro no Mercado Nacional de Gando de Amio practicamente todas as categorías de gando vacún experimentaron subas na súa cotización respecto da sesión da pasada semana.

Así, A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade dos vogais asistentes subir 0,05 € os prezos de todas as canais de ambas as categorías Suprema e Tenreira.

Cos resultados da habitual enquisa realizada entre as persoas usuarias que acudiron nesta xornada ao recinto, determinouse que soben os prezos da recría de raza Rubia Galega (15 € as calidades extra e boa, e 10 € as calidades regular e inferior). Tan só se detectou unha leve tendencia á baixa nos prezos das canais do vacún mediano de matadoiro.

A asistencia de gando a esta sesión foi de 1.357 reses, 70 menos que á do pasado 17 de setembro. Houbo 1.166 cabezas de vacún menor (27 menos que na sesión anterior); 52 de vacún mediano (53 menos que na sesión anterior) e 139 de vacún grande (10 reses máis que na sesión anterior).

Pódense consultar todas as cotizacións no seguinte enlace:

COTIZACIÓNS 24-09-2025

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información