Subas en Ternera Gallega e na recría de abasto no mercado de Amio

Subas en Ternera Gallega e na recría de abasto no mercado de Amio

Animais no recinto feiral de Amio. // Foto de arquivo.

A mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Galega, que se reúne os mércores no mercado de gando de Amio (Santiago), acordou esta semana unha suba de 0,04 euros para tódalas canais da categoría de Tenreira e 0,02 euros para as canais de Suprema.

No resto do gando, a sondaxe realizada entre os usuarios do mercado amosa unha suba de 10 euros na recría de raza Frisoa e de 5 euros para os becerros de cruces industriais. Apréciase unha tendencia á alza nos prezos do vacún maior de abasto.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.863 reses, o que supón 145 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.433 cabezas de vacún menor (78 máis que na sesión anterior), 185 de vacún mediano (10 máis) e 244 exemplares de vacún grande (56 reses máis).

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (10-XI-2021).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información