Esta semana os vogais da Mesa de Prezos da IXP Tenreira Galega acordaron unha suba de 0,02 euros nos prezos de todas as categorías e calidades desta carne.
En canto aos prezos do gando que concorreu ó Mercado de gando de Amio soben 10 euros os animais de recría das razas Rubia Galega e Frisoa. Tamén houbo unha suba de 0,10 euros nas canais do vacún mediano de matadoiro das clasificacións S, E, U e R.
A afluencia de gando esta semana foi de 1.725 reses, 153 menos que na feira do 18 de setembro. Houbo 1.467 cabezas de vacún menor (44 menos que na sesión anterior); 78 de vacún mediano (3 máis que na sesión anterior) e 180 de vacún grande (12 reses menos que na sesión anterior).
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (25-IX-2024)