Subas do gando no mercado de Amio e na IXP Ternera Gallega

Subas do gando no mercado de Amio e na IXP Ternera Gallega

O Mercado de Amio celebrou a súa primeira sesión de 2025, na que os prezos se manteñen como na sesión do 18 de decembro, aínda que tenden á alza os do vacún mediano de matadoiro e os de toda a recría.

Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría subir 0,03 euros os prezos de todas as canles de ambas as categorías: Suprema e Tenreira.

En canto á asistencia, concorreron un total de 2.517 reses, 480 máis que na última de decembro, incremento atribuíble á suspensión das sesións dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro.

En detalle, houbo 2.304 cabezas de vacún menor, é dicir 514 máis que na sesión anterior; 52 de vacún mediano (-45) e 161 de vacún grande (+11).

Máis información
– Táboa completa de cotizacións (08-01-2025)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información