Na sesión deste 25 de xuño, a asistencia de gando ao Mercado Nacional de Amio ascendeu a 1.526 cabezas, 219 máis que na do pasado mércores día 18, un incremento motivado pola suspensión da poxa de onte martes en Silleda a causa dun ataque informático.
Por categorías de gando, os operadores presentaron 1.277 cabezas de vacún menor -184 máis que na sesión anterior- ; 72 de vacún mediano -22 máis que na sesión anterior- e 177 de vacún grande -13 máis que a pasada semana-.
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiron por maioría subir 0,02 € os prezos das canais de todas as categorías e as calidades que abrangue esta carne.
Respecto do gando que foi levado nesta xornada ao recinto feiral, dedúcese da enquisa entre as persoas usuarias do mercado conclúese que houbo unha suba de 0,05 euros por kilo nos becerros carniceiros.

Galego









Control OJD