Subas de prezos do gando no Mercado de Amio

Subas de prezos do gando no Mercado de Amio

Recría no Mercado de Gando de Amio. // Foto de arquivo.

A sondaxe realizada entre os usuarios do Mercado de Amio, celebrado este mércores, amosa subas nos prezos da recría e do vacún mediano e maior. En concreto, por razóns de axuste técnico todo o gando de recría da raza Rubia Galega experimentou unha suba de 15 euros. Tamén se produciron subas nos prezos das canais dalgunhas clasificacións do vacún mediano. Ademais, houbo unha suba de 0,10 euros nas canais de vacún maior das subclases O4 e O3.

Por outra banda, debido ó incremento da demanda, a recría de cruces industriais de cor experimentou unha suba de 5 euros.

No que se refire á Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, a mesa de cotizacións acordou manter sen cambios os prezos para todas as categorías e calidades desta carne.

Na xornada deste mércores contabilizáronse 1.632 reses, é dicir 154 menos que na sesión anterior. Houbo 1.327 cabezas de vacún menor, 155 menos que a pasada semana. Rexistráronse 134 de vacún mediano (26 máis) e 171 de vacún grande (25 menos).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (05-X-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información