Subas de prezo na recría en Silleda e baixada dos xatos carniceiros e das vacas

A Central Agropecuaria de Galicia recibiu este martes 200 becerros menos, o que impulsou os prezos nas categorías de menor idade, tanto pintos como de cruzamento industrial

As cotizacións do gando vacún están a sufrir altibaixos importantes nas últimas semanas, con alteracións de prezo nas distintas categorías que recuperan terreo unha semana para perdelo na seguinte. Nesta ocasión os prexudicados foron o vacún maior e os becerros carniceiros, mentras que no lado positivo da balanza se situaron os animais de recría. 

Silleda viviu este martes unha forte suba da recría, favorecida por unha menor afluencia de animais ao recinto da Central Agropecuaria de Galicia. Os becerros frisóns de 15 días subiron 80 euros e os de máis de tres semanas 55. A revalorización afectou tamén aos tenreiros cruzados, cunha suba de 110 euros nos máis pequenos e un mantemento de prezo no resto. 

Silleda 27-1-26 recriaTamén acudiron menos becerros carniceiros, o que non impediu que baixaran os machos de cruzamento industrial máis de 100 euros de media. Pola contra, as femias revalorizáronse nesa mesma cantidade. A rubia galega mantivo prezos e os xatos pintos víronse tamén beneficiados. 

Silleda 27-1-26 becerros carniceirosNo vacún maior, tamén houbo menor asistencia, o que non impediu que as vacas de categoría Extra perderan máis de 200 euros en animal, mentras as categorías Primeira e Segunda se revalorizaban lixeiramente. 

Silleda 27-1-26 vacun maiorEn canto ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, a Central Agropecuaria de Galicia viviu unha sesión de altibaixos esta semana, fronte á sesión plana da semana pasada, sen cambios no porcino cebado pero con subida dun euro nos bacoriños, tanto de procedencia única como de orixe en varias granxas. Os ovos mantiveron prezos, mentres as galiñas de desvelle e os coellos caían lixeiramente. 

Silleda 27-1-26 mesas de prezosPodes descargar as cotizacións completas deste martes neste enlace

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información