Subas de prezo na IXP Ternera Gallega

ternera-gallega_01_standarPor terceira semana consecutiva, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron este mércores por unanimidade subir 0,02 € por quilo os prezos das canais para todas as clases e categorías desta carne.

No que respecta ao mercado de Amio, detectouse unha tendencia á estabilidade en todas as categorías de vacún.

A asistencia de gando a esta última sesión foi de 1.652 reses, 268 máis que á do pasado 30 de xullo. En total houbo 1.471 cabezas de vacún menor (330 máis que na sesión anterior); 54 de vacún mediano (26 menos que na sesión anterior) e 127 de vacún grande (18 reses menos que na sesión anterior).

Pódense consultar as cotizacións completas nas seguintes táboas:

Captura de pantalla 2025-08-07 131226 Captura de pantalla 2025-08-07 131220 Captura de pantalla 2025-08-07 131212 Captura de pantalla 2025-08-07 131155

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información