Na sesión deste 18 de xuño, a asistencia de gando ao Mercado Nacional de Amio ascendeu a 1.307 cabezas, unha menos que na do pasado mércores día 11.
Por categorías de gando, os operadores presentaron 1.093 cabezas de vacún menor -sete menos que na sesión anterior- ; 50 de vacún mediano -cinco máis que na sesión anterior- e 164 de vacún grande -un exemplar máis que a pasada semana-.
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiron por maioría subir 0,02 € os prezos das canais de todas as categorías e as calidades que abrangue esta carne.
Respecto do gando que foi levado nesta xornada ao recinto feiral, dedúcese da enquisa entre as persoas usuarias do mercado que se manteñen os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades do gando de recría e de matadoiro.
Pódese consultar a táboa completa de cotizacións no seguinte ENLACE
Galego









Control OJD