Suba xeralizada do vacún maior en Silleda

Repunte nos prezos medios dos xatos pintos e dos cruces femias

vacas desvelle silleda 2021 3O mercado semanal deste martes en Silleda volveu destacar por unha suba xeralizada do vacún maior. En total, vendéronse 334 animais, cun prezo medio de 1.591€. Destacan unha vez máis as vacas de categoría extra, que cotizaron a 2.028 euros, así como os animais inscritos na IXP Vaca e Boi de Galicia, que subiron até os 2.466€ de media, 446 euros máis que a semana anterior.

Nos becerros carniceiros de cruce industrial, os machos mantiveron practicamente as cotizacións da semana pasada (983€ de media), mentres as femias subiron de 800 a 839€. Nos animais de rubia galega foi ao revés, baixaron 25€ as femias e subiron 100€ os machos.

Nas vacas, a revalorización media foi de 20€ en todas as categorías: extra, primeira, segunda e desfeito

No relativo á recría, seguen subindo os xatos pintos, tanto os becerros mamóns de menos de tres semanas, que se revalorizaron 30€ de media, como os de máis idade, de máis de 50 días, que subiron case 20€.

Nos de cruce industrial, o comportamento foi desigual, pois mentres se revalorizaron de forma xeralizada as femias, nos machos subiron os de idade intermedia (entre 21 e 50 días), pero baixaron tanto os de menos de tres semanas de vida como os de máis de 50 días.  

Terceira subida consecutiva dos ovos, que cotizan a 2,60€ a ducia XL

No resto de sectores gandeiros, destaca unha nova revalorización nos ovos, que encadean unha suba de 15 céntimos nas últimas tres semanas. A ducia de tamaño XL, tanto en ovos brancos como rubios págase a 2,60€. Nos porcos, subiron 2€ os bacoriños, mentres o porcino cebado mantivo os prezos.

A táboa completa das cotizacións da poxa deste martes 20 de setembro celebrada na Central Agropecuaria de Galicia pódese descargar no seguinte enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información