Suba xeralizada dos prezos do leite no mes de agosto

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ven de publicar o informe sobre entregas e prezos do leite de vaca correspondente ao mes de agosto no que salienta a suba de prezos, previsible coa entrada en vigor dos novos contratos lácteos.

Así, a media foi de 0,519 euros o litro a nivel estatal -fronte aos 0,509 de xullo- mentres que en Galicia a suba foi maior: prezo medio foi de 0,507 euros o litro, fronte aos 0, 484 de xullo.

Captura de pantalla 2025-10-02 140029

Polo que respecta á produción, as entregas en agosto no conxunto de España ascenderon a 603.795 toneladas, un 0,6% máis que no mesmo mes de 2024. .

En Galicia as entregas en agosto foron de 258.452 toneladas, un incremento do 1,43% en relación ás 254.798 do mesmo mes do ano pasado.

Por último, e no relativo ás calidades do leite, a media en agosto situouse no conxunto do Estado no 3,72 % de graxa e 3,31 % de proteína. En Galicia, como ven sendo habitual, os sólidos lácteos foron superiores, na graxa, cun 3, 80%, mentres que na proteína os valores medios foron de 3,34%.

O prezo do leite ecolóxico subiu en agosto ata os 0,624 euros o litro na media de España e en Galicia nos 0,612 euros.

Descarga aquí o informe completo do FEGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información