A Central Agropecuaria de Galicia alcanzou por segunda semana consecutiva o maior prezo medio na categoría de becerros de recría da súa historia, ao situarse nos 435 euros (o pasado martes alcanzou os 424 euros). Un prezo medio que supuxo que se rexistrase o segundo maior volume de transaccións nesta categoría, con 348.830 euros. A maior marca na facturación desta categoría está nos 350.743 euros do pasado 30 de xullo.
Segundo explican desde a organización, estas boas cifras débense a que os becerros de entre 3 e 6 meses, denominados pasteiros, están a ter unha boa cotización que sobe a media da categoría, á vez que están a acudir estes días á Central bastantes exemplares deste tramo de idade.
En canto á afluencia de gando, neste martes pasaron polo recinto un total de 1.274 animais, dos cales 1.215 foron adxudicados.
Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.
Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 184 euros, 22 euros máis que a pasada semana; os de 21 a 50 días a 222 euros, cun aumento de 18 euros, e os de máis de 50 días a 298 euros (+50 euros). En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 476 euros (+45), mentres que as femias vendéronse a 325 euros (+25). Os de 21 a 50 días chegaron aos 567 euros (+21) e as femias subiron 7 euros e quedaron en 374 euros de prezo medio. Finalmente, os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 809 euros (-31) e as femias de 540 euros (+38).
Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial subiron 15 euros con respecto á poxa pasada e alcanzaron un valor medio de 1.299 euros; as femias descenderon até os 1.130 euros (-32). Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.354 euros de media os machos (-4 euros) e a 1.314 euros as femias (+21). Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema baixaron 50 euros e fixan unha media de 1.314 euros por animal.
No vacún maior houbo subas en todas as categorías menos na extra, na que o prezo medio descendeu 225 euros e fixou un valor medio de 2.110 euros. A categoría primeira, fixou un prezo medio de saída por animal de 1.145 euros (+12 euros); os de segunda a 802 euros (+35) e os de desfeito a 400 (+27). Os animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia incrementaron o seu valor medio en 69 euros, alcanzando un prezo de saída de 2.536 euros.
Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a semana pasada: o selecto cotízase a 1,595; o normal a 1,57; o de canle II a 2,039 e o de desvieje a 0,7/0,76.
Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa seguen nos 60 euros (cun prezo de 3 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 55 euros e cun prezo por quilo de 2,75 euros.
O mercado do ovo, os de tamaño XL mantense igual nos 3,13 euros, mentres que os de L presentan unha suba de 0,02 e alcanzan un pecio de 2,56 e os da M e a S incrementaron o seu valor en 0,03 quedando nos 2,35 e 2,05 euros, respectivamente.
O prezo do coello segue nos os 2,55 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).