Suba do vacún maior en Silleda

As vacas de categoría extra gañan outros 80 euros e achéganse á barreira dos 2.500 euros

Vacun maior central_SilledaA cotización do gando vacún mantense alta e non amosa signos de debilidade, trala escalada de prezos iniciada fai un ano por esta época. Na poxa celebrada este martes nas instalacións do recinto feiral de Silleda houbo subas do vacún maior e dos becerros carniceiros de cruzamento industrial. 

Na recría houbo, en xeral, mantemento de prezos. Na raza frisoa baixaron lixeiramente os xatos máis pequenos e os de máis de 50 días, mentres que houbo estabilidade no lote intermedio de 21 a 50 días. No cruce industrial, foi ao revés: subiron uns 50 euros os becerros machos de dúas semanas e baixaron 30 euros os de 21 a 50 días. 

Silleda15_07_2025 recria

No vacún maior, continúa a escalada de prezos das vacas de categoría Extra, que se revalorizaron 80 euros con respecto á semana pasada, achegándose os animais da categoría E-U xa á barreira dos 2.500 euros. En canto ás de categoría primeira, mantéñense os niveis da sesión anterior.

Silleda15_07_2025 vacun maior

Nos becerros carniceiros houbo unha menor afluencia de gando, o que contribuíu á suba da raza frisoa, tanto machos como femias e tamén nos animais de cruce industrial, que se revalorizaron 15 euros no caso dos machos e perderon case 10 no caso das femias. 

Silleda15_07_2025 becerros carniceirosNo que respecta ás Mesas de Prezos, produciuse un novo descenso de 3 euros na cotización dos bacoriños. A caída de prezos afectou tamén ao porcino de desvelle, mentres que os ovos, as galiñas e os coellos mantiveron as cotizacións da semana pasada. 

Silleda15_07_2025 mesas de prezos

Pódense descargar as cotizacións completas neste enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información