Os prezos do gando que concorreu á sesión deste mércores do Mercado de Amio presentan unha tendencia á alza no caso do vacún maior. No caso dos becerros de recría, suben 10 euros por animal de media os de raza Frisoa e baixan 5 euros os de cruce.
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega deciden por maioría manter os prezos da sesión anterior por todas as categorías e calidades desta carne.
Finalmente, os datos de asistencia suben, chegando ás 1.397 reses, 24 máis que na sesión do 26 de marzo. En detalle, houbo 1.242 cabezas de vacún menor (56 máis que na semana pasada); 52 de vacún mediano (-1) e 103 de vacún grande (-31).
Máis información
– Táboa completa de cotizacións (02-IV-2025)