Suba do vacún maior e de os becerros de recría en Silleda debido á falta de oferta

Os prezos do vacún maior e dos becerros de recría acadan prezos medios que marcan un récord en Silleda debido a falta de oferta. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 17 de abril

Suba do vacún maior e de os becerros de recría en Silleda debido á falta de oferta

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe un récord histórico no prezo medio da categoría de vacún maior, situándose en 987,51€ (o maior ata hoxe eran os  959,85€  do 14 de maio de 2013) e tamén acadou o maior prezo medio da categoría de becerros de recría deste ano, con 252,75€.

Segundo apuntan dende a Central Agropecuaria “estes récords estiveron motivados en boa medida pola escaseza de vacas e de becerros de recría que, segundo os operadores que concorren á poxa, hai nas explotacións”. Unha escaseza que tamén supuxo un descenso na asistencia de animais á sesión de hoxe (acudiron 822 reses). Polo demais, mantense sen cambios o porco cebado, ao igual que os leitóns mentres que baixan os ovos.

Nos becerros de recría, os de raza Frisoa subiron en case todas as categorías. Na menos de 20 días a cotización acadou os 138 euros por xato, 26 máis que o pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos subiron ata unha media de 159 euros por xato, 14 máis que o martes pasado. A excepción foron os tenreiros de máis de 51 días, cun prezo medio de 161 euros, fronte aos 175 da pasada semana.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi tamén a unha baixada, pero con excepcións. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos caeron ata os 310 euros, 17 menoss que a pasada poxa. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén baixou ata unha media de 333 euros, fronte aos 350 euros do pasado martes. Nas femias tamén se notou a caída: unha cotización media de 227 euros por animal, 8 menos que o pasado martes. Pola contra, nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos subiron ata unha media de 473 euros por animal, fronte aos 417 do pasado martes. Nas femias os prezos prácticamente non variaron e quedaron unha media de 322 euros, igual que a pasada semana.

Suba no vacún maior

Polo que respecta ao vacún maior, a tendencia foi tamén a unha suba de prezos, agás na categoría segunda. Deste xeito, quedaron en 1.100 euros de media en categoría primeira, 719 en segunda -a máis numerosa- e 507 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.084, 725 e 467 euros, respectivamente.

SILLEDA_abril_18_3_VACUN

Sen cambios no porcino e baixada nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos produciuse unha regularizacion que supuxo unha caída de prezos en todas as categorías. Así a XL baixou 0,24 euros ata os 1,50 euros a ducia; a L caeu 0,42 euros, ata os 1,25 euros. Na M a baixada foi de 0,39 euros, quedando en 1,15 euros a ducia, e e a S cotizou a 1,00 euros a ducia, 0,21 euros menos.

As galiñas de desvelle mantéñense nun intervalo de entre 0,10 e 0,17 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello tamén segue sen cambios nos 1,70 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou manter as da pasada semana. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal queda en 1,210 e 1,185 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sitúase en 1,539 euros por quilo. Para o desvelle tamén manter as cotizacións nun intervalo de prezos de entre 0,68 e 0,74 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado mantívose sen cambios nos 1,450 euros o quilo. No resto da Unión Europea a tendencia foi á estabilidade ou á baixada de prezos.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións da pasada semana, quedando nos 58 euros os procedentes de varias explotacións e nos 63 euros os procedentes dunha única explotación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información