Suba do vacún maior e baixada dos becerros de recría en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola suba do vacún maior e pola baixada dos becerros de recría. Sen cambios no porco cebado, baixada nos ovos e suba nos leitóns

Suba do vacún maior e baixada dos becerros de recría en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca estivo marcada pola suba do vacún maior e pola baixada dos becerros de recría. Sen cambios no porco cebado, baixada nos ovos e suba nos leitóns

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, caeron os prezos en todas as categorías. Así, nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, o prezo medio foi de 92 euros por xato, 11 menos que no anterior mercado. Na categoría de menos de 20 días a media foi de 69 euros por animal, 4 menos que a pasada semana. E nos becerros de máis de 50 días o prezo baixou ata os 134 euros de media por animal, fronte aos 143 da anterior poxa.

Nos becerros de cruzamento industrial a tendencia foi tamén á baixa, pero con excepcións. Así, os xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, situáronse nos machos en 319 euros, 16 menos ca na sesión anterior. Nas femias houbo unha baixada de 31 euros de promedio, quedando nunha media de 182 euros por becerra. Nos xatos máis novos, con menos de 20 días, o prezo medio nos machos baixou ata os 235 euros, fronte ós 291 euros que se pagaron na última poxa. A excepción foron os becerros de máis de 50 días: os machos subiron ata situarse nunha media de 435 euros por animal, fronte aos 399 da sesión anterior, mentres que nas femias a media subiu ata os 324 euros por becerra, fronte aos 301 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha caída do prezo nos machos, cotizándose a unha media de 807 euros por animal, fronte aos 854 da lonxa pasada. As femias, pola contra, subiron ata os 730 euros de media, fronte ós 678 que rexistraron na última sesión.

No que atinxe ó vacún maior, a tendencia foi tamén á alza, agás na categoría de primeira. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios hoxe foron de 729 euros por animal, fronte aos 722 da anterior sesión. Nas vacas de primeira a media foi de 1084 euros, por debaixo dos 1091 euros da última poxa. E o desvelle quedou nun prezo medio de 466 euros por animal, igual que a semana anterior.

silleda_vacun_19_1_4

Sen cambios no porco cebado, baixan os ovos e suba dos leitóns

En canto ó porco cebado, mantivéronse unha semana máis os prezos estables en todas as categorías. Así, o selecto e o normal quedaron nos 1,070 e en 1,045 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II o prezo mantense en 1,357 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle queda nun intervalo de entre 0,49 e 0,55 euros o quilo.

Polo que respecta ao leitón, subiron esta semana 1 euro. Así, o prezo do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 53 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 58 euros para os dunha única granxa. En prezo por kilo sitúase en 2,65 e 2,90 euros respectivamente.

No referido ós ovos houbo baixada en todas as categorías: Para a XL acordouse unha baixada de 0,05 euros ata os 1,50 euros a ducia. A L, a M e S baixaron 0,03 euros, quedando a ducia nos 1,07, 0,97 e 0,82 euros, respectivamente. A galiña de desvelle baixa tamén 0,02 euros e queda nun intervalo de entre 0,10 e 0,17 euros o quilo.

Por ultimo, no coello a súa cotización mantense baixa. Así, o quilo desta carne na Lonxa de Madrid queda nos 1,70 euros.

silleda_porcino_19_1_4

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información