Tralo forte descenso nas cotizacións do 2025 e despois dun inicio de 2026 bastante plano, onde reinou a estabilidade, o prezo do porcino cebado subiu esta semana dous céntimos en quilo para todas as categorías, desde o Selecto ao Normal.
Foi o máis destacado deste martes na Central Agropecuaria de Galicia, onde non houbo poxa de gando vacún ao coincidir coa montaxe dos stands para a Semana Verde, que se celebra esta fin de semana nas instalacións do recinto feiral de Silleda.
Os bacoriños levan semanas perdendo valor nas lonxas
Así, só se celebraron as Mesas de Prezos, onde continuou tamén a tendencia á baixa das últimas semanas dos bacoriños, que caeron outros dous euros este martes, pagándose a 46 euros a unidade sendo de procedencia única e a 41 se veñen de varias granxas.
No resto de especies gandeiras, os ovos baixaron dous céntimos a ducia en todos os tamaños, tanto para os rubios como nos brancos, mentras que as galiñas de desvelle e os coellos non sufriron cambios a respecto da semana anterior.


Galego









Control OJD