A Central Agropecuaria de Galicia (Silleda) rexistrou hoxe un total de 1.186 animais, dos cales 1.112 foron adxudicados. En canto aos prezos, case todas as categorías de becerros de recría e vacún maior presentaron subida, mentres que nos tenreiros carniceiros hai baixadas nos machos e subidas nas femias.
Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que cómpre ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.
Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 148 euros, 15 euros máis que na semana pasada; os de 21 a 50 días soben seis euros e quedan en 169 euros de media e os de máis de 50 días a 174 euros, incrementado o seu valor en 7 euros. En canto aos de cruces industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 417 euros (+72 euros), mentres que as femias vendéronse a 239 euros (-30 euros).
Os machos cruces de 21 a 50 días chegaron aos 436 euros, cunha subida de 23 euros, e as femias baixaron o seu valor 10 euros, ata os 271 euros de prezo medio. Finalmente, os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 590 euros (-17 euros) e as femias de 410 euros (+30 euros).
Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial baixaron ata os 1.160 euros (-136 euros), mentres que as femias subiron 12 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.234 euros de media os machos, o que supón un descenso de 262 euros e as femias aumentaron o seu valor medio en 102 euros, ata os 1.146 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema quedan cun valor medio de 1.192 (-35 euros).
No vacún maior houbo suba de prezos, fóra da categoría primeira na que baixaron ata os 1.159 (-25 euros). A categoría extra cotizouse a un valor medio de 2.028 euros (+52 euros); a segunda a 779 euros (+9 euros) e na de desfeito vendéronse a un prezo medio de 518 euros (+36). Os animais poxados baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia caeron en 65 euros e fixaron un prezo medio de saída de 1.595 euros.
Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino baixan con respecto á pasada semana. Así, o porco selecto págase a 1,825 euros e o normal a 1,80 euros, ambos baixan 0,03. Pola súa banda, os de canle II páganse a 2,338 e baixan 0,039, mentres que os de desvieje baixan 0,02 e quedan en 0,76/0,82.
Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 60 euros (cun prezo de 3 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 55 euros e cun prezo por quilo de 2,75 euros; ambos presentan unha baixada de 2 euros.
O mercado do ovo queda igual á pasada semana: os da XL pagáronse a 2,88, os da L a 2,28, os da M quedan en 1,95 e, finalmente, os da o S en 1,66.
O prezo do coello mantense igual e está nos 2,2 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).