As cotizacións dos becerros na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse pola leve tendencia á baixa nos prezos do vacún, con excepcións, como os becerros de raza Frisona para recría, que experimentaron unha suba moderada. .
En concreto, os xatos de menos de 20 días subiron aos 112 €, fronte á media da semana pasada de 88 euros. Tamén subiron algo os de 21 a 50 días até os 133 euros e os de máis de 50 ata os 149 euros, fronte aos 133 da pasada semana. Pola contra, nos de cruce industrial a tendencia foi á baixa, agás nos de 21 a 50 días, onde os prezos aguantaron máis.
E nos becerros carniceiros as cotizacións variaron notablemente en función da raza: os de raza Frisona subiron até o 481 euros, ao igual que os de Rubia Galega, que se pagaron a unha media de 857 euros. Pola contra, baixaron os de Cruce Industrial, tanto machos como femias.
No vacún maior, o sector de máis importancia económica da Lonxa de Silleda, os prezos mantivéronse con lixeiras oscilacións.
As cotizacións do vacún quedaron do seguinte xeito:
Sen cambios nas mesas de prezos de ovos e coello
Nas mesas de prezos as cotizacións medias dos ovos quedaron igual que as pasadas semanas. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,10 € a ducia para a categoría L; 1,00 para a M, e 0,85 € a ducia para os de clase S. En canto ás galiñas de desvelle, baixaron un 0,03%.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios con respecto á semana pasada, nos 1,50 €/kilo.
Sobe o prezo do porco cebado e mantense o dos leitóns
En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou manter os prezos da semana pasada. Deste xeito, as cotizacións quedaron nos 53 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 48 € para os procedentes de varias.
En canto ao porco cebado, ao igual que a pasada semana acordouse subir os prezos un 0,010% para o selecto e o normal. O Canal II sobe un 0,013% e o de desvelle mantense sen cambios.
Nos principais mercados europeos a tendencia foi á baixada de prezos: 0,030 en Alemaña e sen cambios en Dinamarca.
As cotizacións quedaron do seguinte xeito: