Suba nos becerros cruzados de recría en Silleda

A revalorización dos becerros carniceiros de cruzamento industrial, que gañaron outros 80 euros, está a tirar dos prezos e da demada da recría para encher os cebadoiros

A suba dos becerros carniceiros de cruzamento industrial está a tirar dos prezos na recría

A suba dos becerros carniceiros de cruzamento industrial está a tirar dos prezos na recría

A Central Agropecuaria de Galicia acadou este martes o seu segundo maior volume de transaccións nunha sesión, con 1.809.452€ (a facturación máxima está no 1.952.514€ do 17 de xuño). Unha cifra propiciada polas altas transaccións en todas as categorías, as cales foron tamén, en todos os casos, a segunda maior facturación. Así, en becerros de recría acadáronse os 527.179€ (a máxima está nos 620.323€ da semana pasada), en vacún maior chegouse aos 941.741€ (a maior está no 1.030.450€ do 17 de xuño) e en becerros carniceiros rexistráronse 340.532€ (a maior está nos 377.456€ do 17 de xuño).

Á súa vez estas transaccións en cada categoría víronse favorecidas polos altos prezos medios das mesmas: o terceiro maior en becerros de recría, con 720,19€; o terceiro maior en becerros carniceiros, con 1.576,54€; e o sétimo en vacún maior, con 2.231,61€.

Silleda 8-7-7 recria

No que respecta ás categorías de recría, os becerros de cruce industrial seguen en ascenso, con subas de 4 euros nos máis pequenos (de 15 a 20 días), de 20 euros nos medianos (de 21 a 50 días) e de 50 euros nos máis grandes (de máis de 50 días). No caso dos frisóns, manteñen as cotizacións da semana pasada nos machos de 2 semanas e unha pequena caída nos de 2 meses. 

Silleda 8-7-7 vacun maior

O vacún maior segue tamén en niveis máximos coas vacas de categoría extra cotizando no entorno dos 2.400 euros de media. A maior afluencia de animais esta semana (50 máis que a semana pasada) deixouse notar nunha baixada dos prezos nesta categoría, a que máis cabezas aporta, mentres que as vacas de primeira e de segunda aguantaron os niveis da semana pasada. 

Silleda 8-7-7 becerros carniceiros

Nos becerros carniceiros, houbo unha suba xeralizada en todas as categorías, que acadou os 40 euros no gando frisón e os 80 euros nos machos de cruzamento industrial e nos becerros de rubia galega. 

No que respecta ás mesas de prezos, continúa a caída no porcino. Os bacoriños deixáronse esta semana outros 3 euros en animal, tanto nos de procedencia única como de varias granxas, que se suma aos 5 euros de baixada da sesión anterior. Nos últimos tres meses, os bacoriños perderon un terzo do seu valor no mercado. 

Silleda 8-7-7 mesas de prezos

Pódense descargar as cotizacións completas desta semana no seguinte enlace

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información