Suba no prezo dos leitóns e estabilidade no dos ovos e porcino

A Central Agropecuaria de Silleda celebrou tan só as mesas de prezos neste martes de Nadal e acollerá unha poxa especial de becerros carniceiros o luns 30

Suba no prezo dos leitóns e estabilidade no dos ovos e porcino

Na xornada do 24 de decembro, a Central Agropecuaria de Silleda acolleu tan só as mesas de prezos, que presentaron estabilidade agás os leitóns, que subiron. Cabe lembrar que o vindeiro luns 30 de decembro levarase a cabo unha poxa especial de becerros carniceiros para abastecer o mercado do Nadal. Esta poxa terá entrada única de 7.00 a 12.00 horas, para realizar a poxa ás 13.00 horas.

As mesas de cotizacións do porcino cebado presentaron estabilidade en todas as categorías agás na de desvelle, que baixaron 0,02 e quedáronse nos 0,65/0,71 euros por quilogramo. As demais fixaron os seguintes prezos: o selecto 1,595; o normal 1,570 e o canal II 2,039.

Nos leitóns os exemplares chegados dunha única granxa saen en 68 euros por unidade (3,4 euros/kg) e os chegados de varias páganse a 63 euros por unidade (3,15 euros/kg). A suba en ambos foi de dous euros.

No mercado do ovo tamén houbo estabilidade e os prezos quedaron igual que a pasada semana: os da XL a 3,13; os da L a 2,59; os da M a 2,38 e os da S a 2,08.

Finalmente, o prezo do coello seguiu nos 2,55 euros/kg segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

24_12_2024_page-0001

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información