Na xornada do 31 de decembro, a Central Agropecuaria de Silleda acolleu tan só as mesas de prezos, que presentaron estabilidade agás os leitóns, que subiron.
As mesas de cotizacións do porcino cebado presentaron estabilidade en todas as categorías. Aí, no desvelle quedaron nos 0,65/0,71 euros por quilogramo e nas demais fixaron os seguintes prezos: o selecto 1,595; o normal 1,570 e o canal II 2,039.
Nos leitóns a suba foi de 3 euros por animal. Deste xeito, os exemplares chegados dunha única granxa quedan en 71 euros por unidade (3,55 euros/kg) e os chegados de varias páganse a 66 euros por unidade (3,3 euros/kg).
No mercado do ovo tamén houbo estabilidade e os prezos quedaron igual que a pasada semana: os da XL a 3,13; os da L a 2,59; os da M a 2,38 e os da S a 2,08.
Finalmente, o prezo do coello seguiu nos 2,55 euros/kg segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).