Suba nas cotizacións da IXP Ternera Gallega e no vacún maior en Amio

A asistencia de gando á sesión deste mércores en Amio foi de 1.427 reses, 14 menos que á do pasado 10 de setembro.

Houbo 1.193 cabezas de vacún menor (12 menos que na sesión anterior); 105 de vacún mediano (39 máis que na sesión anterior) e 129 de vacún grande (41 reses menos que na sesión anterior).

En canto ao gando que concorreu esta semana ao recinto feiral, da enquisa entre as persoas usuarias do mercado resulta que soben 0,05 € os prezos das canais do vacún maior de matadoiro, á vez que tenden a baixar os da recría das razas Cruces Industrial Cor e Frison.

A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade dos vogais asistentes subir 0,05 € os prezos de todas as canais de ambas categorías: Suprema e Tenreira.

Máis información:

Captura de pantalla 2025-09-17 121541 Captura de pantalla 2025-09-17 121528 Captura de pantalla 2025-09-17 121433 Captura de pantalla 2025-09-17 121456

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información