O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ven de publicar o informe sobre entregas e prezos do leite de vaca correspondente ao mes de xullo no que se confirma a caída da produción con respecto ao mesmo mes de 2024, e unha suba de prezos, agás en Galicia.
Así, a media foi de 0,502 euros o litro a nivel estatal -fronte aos 0,496 de xuño- mentres que en Galicia o prezo medio foi de 0,484 euros o litro, fronte aos 0,433 de xuño.A entrada en vigor dos novos contratos a partir de agosto debería axudar a corrixir este desequilibrio.

Polo que respecta á produción, as entregas en xullo no conxunto de España seguen á baixa: 620.437 toneladas, fronte ás 628.264 do mesmo mes de 2024, o que supón unha caída interanual do 1,3%.
En Galicia as entregas en xullo foron de 263.515 toneladas, prácticamente estancadas con respecto ás 263.457 do mesmo mes do ano pasado.
Por último, e no relativo ás calidades do leite, a media en xullo situouse no conxunto do Estado no 3,67 % de graxa e 3,29 % de proteína. En Galicia, como ven sendo habitual, os sólidos lácteos foron superiores, na graxa, cun 3, 75%, mentres que na proteína os valores medios foron de 3,31%.
O prezo do leite ecolóxico subiu en xullo ata os 0,613 euros o litro na media de España e en Galicia nos 0,600 euros.
Galego









Control OJD