Suba dos prezos do gando en Silleda, agás do porco cebado

Vacún maior, becerros de recría, ovos e leitóns experimentan unha suba, mentres que o porco cebado segue á baixa. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 31 de outubro

Suba dos prezos do gando en Silleda, agás do porco cebado

A  Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca  despide o mes de outubro cunha suba xeneralizada nos prezos do gando vacún. O porco cebado continúa á baixa, seguen subindo os ovos, mentres que en Madrid o coello mantense nos 2,05 euros o quilo.

Así, nos becerros de recría, os tenreiros de raza Frisoa experimentaron unha notable suba este martes. En concreto, na categoría de menos de 20 días a cotización media subiu claramente ata os 113 euros por xato, fronte aos 84 da poxa do pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, a media quedouse case sen cambios, con algo menos de 115 euros por xato. Na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio si que subiu claramente ata os 163 euros, fronte aos 139 do pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi á suba por terceira semana consecutiva. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias subiron nos machos ata os 347 euros, fronte aos 295 da pasada poxa. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu lixeiramente ata os 349 euros de media, fronte aos 345 do pasado martes. Nas femias os prezos subiron ata os 219 euros de media, cinco máis que o pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio dos machos tamén foi á alza claramente, ata os 426 euros, fronte aos 414 euros de media da última poxa. As femias, tamén subiron ata os 311 euros de media fronte aos 285 da pasada semana.

No vacún maior subiu o prezo experimentou unha leve suba. Deste xeito, quedaron en 1.065 euros de media en categoría primeira, 722 en segunda -a máis numerosa- e 448 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.063, 710 e 457 euros, respectivamente.

As cotizacións en gando vacún quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_vacun_NOVEMBRO_17_1

Suba dos ovos e sen cambios no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse aplicar unha semana máis unha suba, desta vez de 0,05 euros en todas as categorías. Así, a XL subiu ata os 1,78 euros a ducia; a L revalorizouse ata os 1,71 euros a ducia; para a M a suba acordada quedou en 1,60 euros, e a S subiu ata os 1,31 euros a ducia.

E na Lonxa de Madrid  o coello mantense nos 2,05 euros o quilo.

Baixada no porco cebado e subas nos bacoriños

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis aplicar unha baixada, esta vez de 0,03 euros o quilo ás categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,130 e 1,105 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén baixou 0,039 euros, ata quedar nos 1,435 euros por quilo. E no desvelle, as cotizacións baixaron 0,03 euros, quedando nun intervalo de prezos de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa o porco cebado baixou esta semana 0,05 euros, quedando nos 1,500 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi a unha clara baixada.

En canto aos leitóns, acordouse subir 1 euro as cotizacións, quedando en 38 euros para os procedentes de varias explotacións e os 43 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_PORCINO_NOVEMBRO_17_1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información