Suba dos prezos do gando en Amio

A suba xeralizada dos prezos do gando vacún caracterizou a xornada deste mércores no mercado de Amio. E é que os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiron por maioría subir 0,02 euros as cotizacións para todas as categorías e as calidades desta carne.

Unha suba que foi maior no caso do gando de recría, cunha media de 5 euros máis por animal, e no caso do vacún mediano e maior para matadoiro foi de 0,05 euros.

A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 1.476 reses, 280 menos que á do pasado 23 de abril. Houbo 1.264 cabezas de vacún menor (283 menos que na sesión anterior); 40 de vacún mediano (8 menos que na sesión anterior) e 172 de vacún grande (11 reses máis que na sesión anterior).

Captura de pantalla 2025-04-30 170116 Captura de pantalla 2025-04-30 170105 Captura de pantalla 2025-04-30 170050 Captura de pantalla 2025-04-30 170037

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información