A suba dos prezos dos alimentos en España no último ano sitúase na media europea

A comida encareceuse nos supermercados europeos unha media dun 17,1 % durante o 2022, en tanto en España o aumento foi do 18,7 %

A suba dos prezos dos alimentos en España no último ano sitúase na media europea

Os datos da Comisión Europea sobre o encarecemento dos produtos alimenticios nos supermercados durante o 2022 deixan un panorama similar en toda Europa, aínda que con matices. En xeral, a suba de prezos situouse nunha media do 18,7 %, se ben con certas variacións por países, cun arco que se move entre o 9,2% de Irlanda e o 43,4% de Hungria. España sitúase na media europea (18,7%), nun parámetro similar a Portugal (19,7%) e lixeiramente por riba de Francia (11,7%).

Por produtos, o que máis subiu en España foi o aceite, cun 38%, seguido da categoría de leite, queixos e ovos, que clava a media do encarecemento europeo (+27,8 %). Se atendemos a algúns dos grandes produtores de leite de Europa, detéctanse subas maiores, caso de Alemania (+34,7% de encarecemento na mesma categoría) e menores, como en Francia (+16,8%).

Outra das categorías máis afectadas pola inflación foi a de pan e cereais, cunha suba do 19,6% en España. Ségunlle as hortalizas (14%), a carne (12%), a pesca (10%) e a froita (7%).

Tendencia á baixa dos insumos agrarios e de moderación de prezos dos alimentos

O informe elaborado pola Comisión Europea sobre os prezos de alimentos e de produtos agrarios constata tamén unha tendencia á moderación de prezos no agro. A maioría dos cereais, utilizados para pensos e para consumo humano (pan, cereais), baixaron no último mes: millo (-14%), trigo duro (-6,4%) e cebada (-5,8%). O millo mesmo se sitúa xa por baixo dos prezos de hai un ano (-1%), se ben o trigo duro e a cebada cotizan aínda un 8 e un 6% máis respectivamente en comparación con xaneiro do 2022.

En lácteos, os queixos mantéñense estables en valores altos (+40% en comparación a hai un ano), pero a manteiga segue unha liña descendente nos últimos meses, o mesmo que o leite en po desnatado, que xa cotiza un 7,5% menos que en xaneiro do 2022.

A boa noticia para a gandería galega é que, a parte da baixada dos cereais, constatouse unha baixada noutros insumos agrarios, como os fertilizantes (-6,1% no último mes) ou a enerxía, pois o barril Brent caíu un 11% no último mes, o que en último termo repercute no combustible agrario e nos plásticos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información