Os prezos do gando que concorreu na xornada de hoxe ao recinto feiral do Mercado de Amio soben 5 euros os do vacún de recría das razas cruce industrial cor e frisoa. Tamén presentan un incremento de 0,05 euros as canles de vacún maior das clases O e P.
A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 2.252 reses, 619 máis que á do 17 de xullo. En detalle, 2.003 cabezas foron de vacún menor (606 máis que na sesión do 17); 110 de vacún mediano (+30) e 139 de vacún grande (-17).
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría subir en 0,02 euros os prezos das canles da categoría Suprema.
Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (31-VII- 2024)