Os prezos do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral do Mercado de Amio presentaron unha suba de 10 euros nos de toda a recría da raza Rubia Galega. Tenden á baixa os prezos do vacún maior de matadoiro da clase O.
En canto á asistencia de gando, na xornada de hoxe houbo 13 reses menos que na sesión do 3 de xullo e concorreron 1.502 animais. En detalle, houbo 1.282 cabezas de vacún menor (15 menos que na sesión anterior); 146 de vacún mediano (+4 animais) e 146 de vacún grande (-2 reses).
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría subir 0,03 euros os prezos de todas as clases e categorías Suprema.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (10-VII-2024)