Suba dos becerros frisóns e do vacún maior en Silleda e baixada dos ovos e do porco cebado

Os becerros de recría de raza Frisona así como o vacún maior subiron este martes en Silleda, mentres que caeron os prezos dos xatos de cruce. Baixada tamén no porco cebado e nos ovos e suba dos leitóns. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 16 de xaneiro

Suba dos becerros frisóns e do vacún maior en Silleda e baixada dos ovos e do porco cebado

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizáronse pola suba dos becerros de recría de raza Frisona así como do vacún maior, mentres que caeron levemente os prezos dos xatos de cruce. Baixada tamén no porco cebado e nos ovos e suba dos leitóns. O coello baixou na Lonxa de Madrid.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa en xeral tenderon á alza. En concreto, na categoría de menos de 20 días, a cotización subiu ata os 105 euros por xato, 23 máis que na poxa do pasado martes. E na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos tamén subiron ata unha media de 135 euros por xato, fronte aos 123 euros de media da pasada semana. Pola contra, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio baixou ata os 148 euros de media, once menos que o pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi a unha lixeira baixa. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias caeron nos machos ata os 246 euros, fronte aos 354 da pasada poxa. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos caeu lixeiramente ata os 345 euros de media, dous menos que a media do pasado martes. Nas femias o prezo medio foi de 240 euros, tres menos que na pasada poxa. Pola contra, nos xatos de máis de 51 días os prezos subiron nos machos ata unha media de 444 euros por animal, fronte aos 429 euros de media da última poxa. Sen embargo, nas femias baixaron a 296 euros de promedio, fronte aos 373 do pasado martes.

Suba do vacún maior

No vacún maior o prezo experimentou unha semana máis unha suba en todas as categorías. Deste xeito, quedaron en 1.101 euros de media en categoría primeira, 721 en segunda -a máis numerosa- e 477 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.091, 712 e 475 euros, respectivamente.

SILLEDA_VACUN_XANEIRO_18_2

Baixada en porcino e nos ovos e suba dos leitóns

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse baixar os prezos 0,05 euros a ducia en todas as categorías.. Así, nas categorías XL e S, as cotizacións quedaron en 1,82 e 1,34 euros a ducia, respectivamente. Nas categorías L e M acordouse fixar o prezo da ducia en 1,77 e 1,66 euros, respectivamente.

As galiñas de desvelle tamén baixaron 0,02 euros ata quedar nun intervalo de entre 0,10 e 0,17 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello baixou unha semana máis 0,05 euros ata quedar o quilo nos 1,55 euros.

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos, tras varias semanas de estabilidade, acordouse baixar as cotizacións. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal caeron 0,03 euros o quilo, quedando en 1,080 e 1,055 euros por quilo, respectivamente. A Canle II baixou 0,039 ata os 1,370 euros por quilo e no desvelle, as cotizacións baixaron 0,05 euros o quilo, quedando nun intervalo de prezos de entre 0,67 e 0,73 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado baixou esta semana 0,03 euros, ata situarse nos 1,340 euros o quilo, unha tendencia á baixa que se estendeu ao resto de países da Unión Europea.

En canto aos leitóns, acordouse por segunda semana consecutiva subir 2 euros as cotizacións, ata os 46 euros para os procedentes de varias explotacións e os 51 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_PORCINO_XANEIRO_18_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información