Esta semana, o mercado de Silleda experimentou un alza importante no mercado de recría de becerros frisóns así como no vacún maior, e nos pasteiros, mentres que os becerros carniceiros tenderon á baixa.
En prezos, en comparación coas semanas previas, destacan subas de arredor de 31 euros nos becerros frisóns de 21 a 50 días. Nos machos de cruce baixaron 9 euros en relación á semana pasada, mentres que as femias se revalorizaron 21 euros de media.
Os pasteiros, animais de entre 3 e 6 meses, cotizaron pola súa banda na liña das última semanas, no arco 1.200 – 1.400 euros, en función da categoría. Os machos de cruce subiron 50 euros en relación á semana pasada e as femias case 300 euros. Os machos de Rubia Galega revalorizáronse de media 9 euros por animal.

Vacún maior e becerros carniceiros
O vacún maior experimentou tamén unha suba significativa esta semana, coa media da categoría de vacas extra nos 2557 euros / animal (+ 56 euros en comparación coa pasada semana). As vacas de primeira, pola contra, caeron uns 27 euros.
No caso dos becerros carniceiros, a tendencia xeral foi á baixa, tanto nos de Rubia Galega como nos de cruce.
Importante suba dos leitóns, do porco cebado e dos ovos
No que respecta ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, os bacoriños seguen recuperando terreo, subindo outros 5 euros esta semana tanto nos de procedencia única como nos que veñen de varias granxas. O porco cebado tamén experimentou unha suba, tras varias semanas en mínimos, e os ovos tamén cotizaron á alza.

Galego









Control OJD