Suba dos becerros de recría en Silleda

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia de Silleda do 12 de maio.

Suba dos becerros de recría en Silleda

Os prezos do vacún na Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola tendencia á suba, tanto nos prezos dos becerros de recría como nos carniceiros. Nas vacas de desvelle os prezos permaneceron máis estables.

En concreto, nos becerros de recría de raza frisona os prezos medios foron de 113 euros para os de menos de 20 días; 136 para os de 21 a 50 días e 144 € para os de máis de 51. Na semana pasada os prezos foron de 101 , 127 e 139 € respectivamente.

Nos de cruce industrial, só baixaron os de menos de 20 días: 290 € de media fronte aos 295 da pasada semana. Nas seguintes franxas de idade as cotizacións foron de 354 e de 456 euros; cunha clara suba respecto aos 327 e aos 447 da semana anterior.

Nos becerros carniceiros a alza dos prezos tamén foi clara: 459 € para os de raza Frisona, 889 para os machos de Cruce e 860 euros para os de Rubia Galega. As cotizacións da semana anterior foron de 428, 797 e 839 €, respectivamente.

Por último, no vacún maior, o sector de máis importancia económica da Lonxa de Silleda, os prezos mantivéronse con lixeiras oscilacións á baixa.

As cotizacións do vacún quedaron do seguinte xeito:

cotizacions_vacun_silleda_12_05_15

Sen cambios en ovos, coellos e galiñas de desvelle

Nas mesas de prezos as cotizacións medias dos ovos non experimentaron cambios. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,10 € a ducia para a categoría L; 0,98 para a M, e 0,83 € a ducia para os de clase S. En canto ás galiñas de desvelle,mantivéronse sen cambios.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios con respecto á semana pasada, nos 1,50 €/kilo.

Baixan os prezos do porco cebado

Despois de varias semanas mantendo os prezos con lixeiras alzas, as baixadas de prezos do mercado europeo acabaron chegando a Galicia. Deste xeito, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia decidiu baixar un 0,001% o prezo nas categorías selecta e normal; un 0,013% en canal II e un 0,02% en desvelle.
Nos principais mercados europeos, despois de dúas semanas consecutivas de descensos, os prezos mantivéronse estables.

En canto aos leitóns, quedaron sen cotización na mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

cotizacions_porcino_silleda_12_05_15

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información