As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola suba nos prezos dos becerros de recría de cruce industrial, mentres que os de raza Frisona tamén subiron, agás os xatos de menos de 20 días.
Deste xeito, nos tenreiros de Cruce, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 342 euros, ao igual que os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 471 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 282, 307 e 358 €, respectivamente.
Nos becerros de recría de Frisona, a tendencia foi á baixa nos machos de menos de 20 días que se pagaron a unha media de 67 euros. Pola contra, os de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, subiu a 118 euros, e os de máis de 51 días pagáronse á baixa: a unha media de 123 euros. A pasada semana os prezos foron de 112, 111 e 144 €, respectivamente.
No vacún maior os prezos medios mantivéronse practicamente iguais aos da pasada semana. Así, en Categoría Primeira pasaron de 1.091 euros a 1.095 €, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, pagáronse a unha media de 700 €, un menos que a pasada semana. Nas vacas de desvelle baixou o prezo medio a 399 euros de media, fronte aos 412 do pasado martes.
As cotizacións quedaron do seguinte xeito:
Estabilidade en ovos e coellos
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos: as categorías XL e L quedaron en 1,55 e 1,33 euros a ducia, respectivamente, e en 1,21 para a M, e 1,06 € a ducia para os de clase S.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, mantivéronse os prezos da semana pasada nos 1,80 €/kilo.
Baixada no porco cebado
En porcino, a mesa de prezos acordou unha semana máis baixar as cotizacións unha media do 0,02% nas categorías Normal e Selecto, e un 0,026% na Canle II. Pola contra, nos principais produtores de porcino da UE, Alemaña e Dinamarca, esta semana os prezos mantivéronse sen cambios.
En canto aos leitóns acordouse manter os prezos da pasada semana, de xeito que quedaron nos 24,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 29,5 euros os procedentes dunha única explotación.
As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito: