Este mércores os prezos en Amio dos becerros de recría subiron de media 10 euros por animal, mentres que no vacún maior e nos becerros carniceiros a suba foi de 0,05 euros por kilo.
En canto á asistencia de gando, entraron esta semana en Amio 1.277 reses, 26 menos a pasada semana. En concreto, poxáronse 1.110 cabezas de vacún menor (50 máis que na sesión anterior), en vacún mediano houbo 50 animais (25 menos) e en vacún maior 117 (41 menos que o pasado mércores).
Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiron por maioría subir en 0,02 euros por quilo os prezos para todas as categorías e as calidades desta carne.

Galego









Control OJD