Suba dos becerros de recría e do vacún maior en Silleda

Os becerros de recría, tanto de Frisón como de cruce, e o vacún maior experimentan unha suba de prezos. Soben tamén os ovos e baixa o porco cebado. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 14 de novembro

Suba dos becerros de recría e do vacún maior en Silleda

A xornada deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca  caracterizouse pola suba do gando vacún e dos ovos, mentres que o porco cebado segue á baixa.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa experimentaron unha lixeira baixada este martes, pero con excepcións. En concreto, na categoría de menos de 20 días a cotización media baixou ata os 88 euros por xato, fronte aos 108 da poxa do pasado martes. Sen embargo, na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos subiron ata unha media de 128 euros por xato, once máis que a pasada semana. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio tamén subiu claramente ata os 157 euros, fronte aos 130 do pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi tamén á alza. Houbo excepcións, e así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias caeron nos machos ata os 307 euros, fronte aos 336 da pasada poxa. Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu ata os 354 euros de media, fronte aos 342 do pasado martes. Nas femias a tendencia foi a unha lixeira alza: 214 euros de media, dous máis que o pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días, os prezos caeron nos machos ata unha media de 402 euros, fronte aos 435 euros de media da última poxa. As femias, pola contra, experimentaron unha lixeira suba, ata os 305 euros de media, dous máis que a pasada semana.

No vacún maior o prezo experimentou unha suba, agás na categoría primeira. Deste xeito, quedaron en 1.075 euros de media en categoría primeira, 736 en segunda -a máis numerosa- e 464 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.089, 724 e 438 euros, respectivamente.

As cotizacións en gando vacún quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_porcinon_NOVEMBRO_17_3

Suba dos ovos e sen cambios no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse aplicar unha semana máis unha suba de 0,02 euros en todas as categorías. Así a ducia da XL e a L quedou en 1,85 e 1,78 euros, respectivamente. Na M a cotización foi de 1,68 euros e na categoría S a ducia quedou nos 1,37 euros.

Na Lonxa de Madrid  o coello mantense nos 2,05 euros o quilo.

Baixada no porco cebado e sen cambios nos bacoriños

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis aplicar unha baixada, esta vez de 0,01 euros o quilo ás categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,110 e 1,085 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén baixou 0,013 euros, ata quedar nos 1,409 euros por quilo. E no desvelle, as cotizacións mantivéronse sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado permaneceu estable nos 1,450 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi tamén á estabilidade ou a lixeiras baixadas.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións nos 38 euros para os procedentes de varias explotacións e os 43 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_PORCINO_NOVEMBRO_17_3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información