Suba dos becerros de recría e dos ovos en Silleda

Os becerros de recría, tanto de Frisón como de cruce, experimentan unha leve suba de prezos, mentres que o vacún maior baixa. Soben tamén os ovos e sen cambios no porco cebado. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 21 de novembro

Suba dos becerros de recría e dos ovos en Silleda

A xornada deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizouse pola suba dos becerros de recría, aínda que con excepcións, e dos ovos. Baixa lixeiramente o vacún maior e o porco cebado permanece sen cambios.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa experimentaron unha suba este martes. En concreto, na categoría de menos de 20 días a cotización media subiu ata os 101 euros por xato, fronte aos 88 da poxa do pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos subiron ata unha media de 130 euros por xato, dous máis que a pasada semana. Sen embargo, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio caeu lixeiramente ata os 155 euros de media, fronte aos 157 do pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi tamén á alza, pero houbo excepcións. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias caeron nos machos ata os 293 euros, fronte aos 307 da pasada poxa. Nas femias subiron os prezos ata unha media de 233 euros, 18 máis que o pasado martes. Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu claramente ata os 378 euros de media, fronte aos 354 do pasado martes. Nas femias a tendencia foi tamén á alza: 223 euros de media, fronte aos 214 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días, os prezos subiron nos machos ata unha media de 414 euros, fronte aos 402 euros de media da última poxa. As femias, pola contra, experimentaron unha clara baixada ata os 255 euros de media, 50 menos que a pasada semana.

Maior demanda de vacas de calidade debido á proximidade do Nadal e da Ponte da Constitución

No vacún maior o prezo experimentou unha baixada, agás na categoría primeira e na Extra. Deste xeito, quedaron en 1.117 euros de media en categoría primeira, 714 en segunda -a máis numerosa- e 455 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.075, 736 e 464 euros, respectivamente.

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA acadou hoxe na categoría de Vacún Maior un prezo medio de 915,11€, o máis alto conseguido na poxa dende o ano 2015, cando o 21 de abril se rexistrara un prezo medio de 915,73€. O prezo medio de hoxe está motivado por unha importante demanda na Central de vacas de calidade das categor´ñias primeira e extra, debido á proximidade da ponte da Constitución e o Nadal.

As cotizacións en gando vacún quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_vacun_NOVEMBRO_17_43

Suba dos ovos e sen cambios no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse aplicar unha semana máis unha suba de 0,02 euros en todas as categorías. Así a ducia da XL e a L quedou en 1,87 e 1,80 euros, respectivamente. Na M a cotización foi de 1,70 euros e na categoría S a ducia quedou nos 1,39 euros.

Na Lonxa de Madrid  o coello mantense nos 2,05 euros o quilo.

Sen cambios no porco cebado e nos bacoriños

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou, tras varias semanas de baixadas, manter as cotizacións sen cambios. Así, as categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,110 e 1,085 euros por quilo, respectivamente. A Canle II mantense nos 1,409 euros por quilo e no desvelle, as cotizacións mantivéronse sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado permaneceu estable nos 1,450 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi tamén á estabilidade ou a lixeiras subas.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións nos 38 euros para os procedentes de varias explotacións e os 43 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_PORCINO_NOVEMBRO_17_43

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información